|
Eu vou tirando.
O que queira que recolla. |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Inicio > Historias > Reflexos de inseguridade Reflexos de inseguridade
Porción do libro "La sombra del viento": [ ... ] -Huele raro -comentó Fermín Romero de Torres-. Como a pedo rancio, de notario o procurador. -No. Huele a papel quemado. -Ande, tenga un Sugus de limón, que lo cura todo. -No me apetece. -Pues se lo guarda, que nunca se sabe cuándo un Sugus le va a sacar a uno de un apuro. [ ... ] Fotos, cartas. Sombras, reflexos: pareceravos unha tontería (como todo o que escribo) pero hoxe dinme conta de unha cousa: que non son "natural" cando escribo aquí no meu weblog. Todo ven a raiz de unha carta que me escribiu onte pola noite a miña amiga Marta e que leín esta mañá. Según ela, na última carta que eu lle mandei, demostreille algo que sempre lle parece moi curioso: "que a xente escribe igual que fala". En principio tomeino como unha especie de cumplido (inda que teño as miñas dúbidas). Logo pensei que iso non é de todo certo, que coñezo xente que cando fala se lle nota libre e moi solta e cando ten que escribir (unha carta ou o que sexa) se reprimen e se cortan. E entón tiven o que Lupe chama un "enlace" e pensei que iso parécese moito o que lle pasa a moita xente coas fotos. Explícome: hai xente que en casi toda-las fotos sae "rara". Seguro que sabedes de que vos falo, son esas persoas que cando as ves nas fotos dis: ¿que lle pasa aquí? Que mal sale!! Ela/el non é así!!. Pois do mesmo xeito hai algunha xente que cando as lees tes a sensación de que a persoa que escribiu non é a mesma persoa coa que estás afeito a falar. Eu tiña a miña teoría (como pra casi todo) sobre a causa que xustifica ese cambio. A culpable é a falta de confianza nun mesmo. Normalmente esta xente que sae "rara" nas fotos so sae medianamente normal cando lle fas a foto estando algo borracho (enténdese que o modelo, non o fotógrafo) ou cando lla sacas (a foto) sin que se de conta. Penso que isto se debe a que esta xente non se sinte cómoda coa sua imaxe e cando se esquece de que a cara que ten a ten as 24 horas do día pois compórtase dun xeito natural; pero en canto ve o obxetivo dunha cámara apuntándolle, lémbrase do aspecto que tiña no espello pola mañá, e pensan que de esa imaxe que lle roubarán coa cámara non volverán a ter o control. Cando esta xente ve a alguén fixándose moito nos detalles da sua imaxen soen apartarse, ou pedirche que deixes de miralos, ou poñer algo por medio (como unha bofetada). Pero coa foto non poden facer nada! non teñen defensa! Unha vez lles sacas a foto, logo na casa podemos pasarnos horas mirándoa, facéndolle zoom e topándolle todos esos defectos que eles saben (ou pensan, ou opinan) que teñen. Ante unha cámara síntense desnudos, desprotexidos. Pode que non o pensen así conscientemente, pero esa creo eu é mais ou menos a sua sensación (e teño esta idea porque fai tempo eu sentía algo así). E cando te sintes así, cando estás tan "acojonado" diante do obxetivo que che vai a roubar a tua imaxe, na foto nótase. Saes raro, saes tenso, saes antinatural; e todo o mundo se da conta, incluso ti mesmo, e iso non axuda a que te sintas cómodo na próxima foto. Co tempo aprendes (ou polo menos eu aprendín) que iso "raro" que se ve na foto e a tua inseguridade, o desprecio (ou falta de aprecio) pola tua propia imaxe. É exactamente iso que di Fito na sua cancion: "sé que soy mucho más guapo cuando no me siento feo" pero á inversa: "que eres moito mais feo cando non te sintes guapo". ¿A cura? A solución é sencilla. Sencilla de explicar, non tanto de aplicar: tes que deixar de sentir esa inseguridade, tes que aceptarte, aceptar a tua imaxe, que eres ti. E eu creo que un bo método pra conseguilo é, por exemplo, deixar que che fagan centos de fotos dende centos de ángulos distintos, deixar que alguén che saque centos de fotos todo-los días (ou facerte presentador de television). Ao final non tes outra que afacerte á tua imaxe. E o que vas a conseguir non é simplemente sair mellor nas fotos (mais natural, mais ti mesmo), sinon que é algo moito moito mais importante: unha vez te aceptas (a tua imaxe) sínteste mais forte, sínteste mais lixeiro, mais despreocupado. É como si ata ese momento viviras encarcelado, atado, escondido... é como sair do armario!! (supoño). Bueno, pois isto é sin dúbida o que Lupe chamaría un "enlace" porque todo este rollo ven de que penso que cos textos pode pasar algo parecido; so que en vez de confianza na tua imaxe é co teu xeito de expresarte. Cando unha persoa está falando, as cousas que di teñen unha vida moi volatil. O son do que acaba de dicir dura ben pouco nas memorias dos ointes, cando estás falando podes facelo cunha certa comodidade sabendo que ese son non se quedará ahí no aire pra sempre pra que todo o mundo poida escoitalo e reescoitalo unha e outra vez analizando o que dixeches e o teu xeito de dicilo. Deste xeito tamén hai xente mais ou menos segura coa sua voz e coas cousas que di, e en xeral con todo o que fai. Hai xente que é insegura por natureza. Ou mais que "ser" inseguro, sería "estar", porque inda que hai xente que se sinte inseguro practicamente sempre, outros (eu por exemplo) pasamos por épocas de mais e menos seguridade. E cando estás inseguro, saes raro nas fotos, cortado nos videos, calado nas grabacions de sonido e extremadamente frío nas cartas. Eu neste momento síntome (como dixen ao principio) xenial. As endorfinas que gaño no ximnasio son como unha especie de vacina contra a inseguridade. E penso que iso a xente o nota, faga o que faga, escribir, falar, ou posar en fotos jejejeje Por outro lado, como vos decía ao principio, penso que cando escribo no blog non son de todo natural como o podo ser cando lle escribo unha carta a un amigo. Pra min, sentarme a escribirlle unha carta a Marta é algo así como sentarme nunha cafetería a falar con ela, e síntome igual de cómodo. Por iso ela di iso de que a xente escribe exactamente igual que fala. En cambio aquí, no weblog... mais ben é como si me puxera a falar na radio, ou diante duns altavoces donde non sei quen vai a escoitarme e quen non. Vos, en principio, sodes uns descoñecidos e supoño que ningún de vos se expresa igual cando se senta cun bo amigo nunha cafetería que cando o fai cun grupo de xente que non coñece de nada. Escrito por Watcher o 2006-11-22 ás 19:26 Comentarios: 1 Deixa o teu comentario Referencias (TrackBacks)URL de trackback de esta historia http://watcher.bloxus.com//trackbacks/9363
Comentarios
|
![]()
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||