|
Eu vou tirando.
O que queira que recolla. |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Inicio > Historias > Pouco a pouco Pouco a pouco
O tempo pon a todos no seu lugar: Esta é unha de esas frases que se din pra taparche a boca, unha de esas frases valeiras que se din pra consolar ós resignados. Como esa que di que a todo se acostumbra un. Como todas esas frases que di Charlize Theron ó final da película Monster. Non é certo, o tempo non pon a ninguén no seu lugar, o tempo o único que fai é, si lle deixas, zarandearte dun lado pra outro, darche épocas boas e épocas malas. E ti, si queres algo deberas loitar por conseguilo. Non te quedes sentado no sofá da casa agardando a que o destino te entregue a tua parella ideal ou te coloque donde ti te mereces porque si fas iso, non merecerás mais que soidade diante do televisor pra sempre. O amor é cego: e sordo tamén, si me apuras. Tan valeira me parece agora a frase de que o tempo pon a todos no seu lugar como chea de significado a de que o amor é cego. Eu non sei si será certo ou non. Non sei moi ben si é que cando estas namorado non ves a realidade ou é que hai cousas que so podes ver con amor nas tuas venas. Pero ¿Cal é a verdadeira realidade? Supoño que podes escoller calquera das duas. O que é indudable é que todo se ve diferente. Toda a tua vida ten outra cor, outro sentido, outra fragancia. Repasas os teus recordos e sínteste un pouco como cando ves denovo unha película que viches de pequeno e non entendiches ben. Son as mesmas pezas, pero o debuxo que aparece no puzzle e tan diferente! ¿Qué é o amor?: di Al Pacino na película de "Pactar con el Diablo" que o amor, bioquímicamente é o mesmo que un empacho de chocolate. Pode que teña razón. Recordo un día cando era pequeno, ainda mais que agora, tería uns 7 ou 8 anos, que estaba eu xogando co meu "tente" sobre a alfombra do salón da miña casa coa miña nai que estaba vendo na tele un dos primeiros culebróns que se emitiron en España. Titulábase "Cristal". Eu (por suposto) non estaba vendo o culebrón, so xogando co "tente" no chan pero nun momento alguén lle preguntou á protagonista: ¿Pero qué é o amor? E eu que sempre fun un neno moi curioso e que xa estaba farto de escoitar falar do amor e non saber que diantres era deixei de facer ruido coas pezas durante un intre pra escoitar a resposta de Cristal: Amor é dalo todo sin esperar nada a cambio. E esa foi a definición de amor que tiven dende entón. En certo sentido sigo pensando que iso é o amor. E sigo considerando calquer sentimento que che faga actuar de ese xeito como amor. Pero se iso é certo, entón o amor non é sempre tan bonito como debería ser. Amor entón tamén é esa dependencia que sentimos por unha persoa cando non temos autoestima ningunha e necesitamos ter a alguén ó noso lado que nos diga coa sua presencia que valemos a pena. ¿esa obsesiva, posesiva, infantil e desesperada dependencia tamén é amor? Amor entón tamén é esa relación que mantés so porque che da todos os problemas que necesitas pra ter algo ou alguén a quen botarlle a culpa da tua infelicidade e esquecerte ou tapar os teus propois problemas. Amor tamén é esa relación que tes pra facilitarche a vida e poder facer a outra persoa responsable da tua felicidade ou infelicidade, cando eres ti o único responsable... empregamos o amor pra tantas cousas!! ou mellor dito, chamámoslle amor a tantas cousas diferentes! ¿Sera que confundimos todo iso con amor ou será que non hai realmente un amor libre que non responda a unha necesidade psicolóxica de tapar as nosas inseguridades ou saciar as nosas ansias? ¿Existe un amor verdadeiramente libre? Non o sei. ¿Que opinades vos? Xente enamorada defendede o romanticismo!! Eu agora non podo, agora estou algo desencantado, casi de acordo con Al Pacino... ¿o amor? un empacho de chocolate. Escrito por Watcher o 2006-09-06 ás 23:37 Comentarios: 0 Deixa o teu comentario Referencias (TrackBacks)URL de trackback de esta historia http://watcher.bloxus.com//trackbacks/9073
Comentarios
|
![]()
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||