|
Eu vou tirando.
O que queira que recolla. |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Inicio > Historias > Adeus Oulu, adeus... Adeus Oulu, adeus...
Adeus: Fai un día preciso, incrible. Faise moi duro marchar. E a miña bici mírame raro, eu creo que sabe que dentro de unhas horas a vou a vender por so 25 euros. Pensei centos de veces no xeito de non vendela, de levala comigo. Agora síntoa como parte de min, non hubo noite nin día, chovera ou nevara, con frío ou con calor, borracho ou sobrio, que non me movera por Oulu coa miña bici. Vouna a botar moitísimo, moitísimo de menos. Pode que algunha xente se sinta insultada ou escandalizada por dicir que podo botar tanto de menos ese simple montón de ferralla. Iso é o que sinto, e cando lle estaba quitando ó candado ó sair do instituto caéronme as primeiras bágoas dende fai meses. Chamádeme tolo, pero falei con ela, e díxenlle que eu non podia facer nada, que o único que podíamos facer era tentar disfrutar de esta última volta xuntos (agora ríome porque penso en como sería entón si me chego a namorar aquí dalgunha rapaza). Logo, polo camiño, viñeronme estos versos á boca e outra vez perdín unhas cantas bágoas: adeus, regatos pequenos; adeus, vista dos meus ollos; non sei cándo nos veremos. Miña terra, miña terra, terra onde me eu criei, hortiñas que quero tanto, figueiriñas que plantei, prados, ríos, arboredas, piñeirais que move o vento, paxariños piadores, casiña do meu contento, muíño das castiñeiras, noites claras de luar, campaíñas timbradoras da igrexiña do lugar, amoriñas das silveiras que lle daba ó amor meu, camiñiños entre o millo, adeus, para sempre adeus! ¡Adeus, gloria!¡Adeus contento! ¡Deixo a casa onde nacín, deixo a aldea que coñezo por un mundo que non vim! Rosalía de Castro Escrito por Watcher o 2006-06-29 ás 13:08 Comentarios: 1 Deixa o teu comentario Referencias (TrackBacks)URL de trackback de esta historia http://watcher.bloxus.com//trackbacks/8864
Comentarios
|
![]()
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||