Eu vou tirando.

O que queira que recolla.
Inicio > Historias > Derradeiras 24 horas en Finlandia
Derradeiras 24 horas en Finlandia
Estado: non son capaz de darme conta do meu estado, pásanme demasiadas cousas en moi pouco tempo, demasiados sentimentos, demasiadas experiencias... todo o mundo marcha e eu con eles.


Derradeiras horas: a long time ago.... fai moito moito tempo, unha persoa moi parecida a min, escribiu neste mesmo weblog o seu último post que tiña por título "Ultimas 24 horas en Finlandia" contando as suas peripecias, correndo e brincando coa sua bici polo norte de Finlandia. Hoxe pola mañán estiven leendo aquel texto e paréceme que foi fai siglos.

Agora quédanme exactamente 24 horas pra marchar, pra deixar este sitio que calquera de vos diría que é un sitio "cutre" pra vivir, pero que pra min é xa a miña segunda casa. Non podo e non pretendo contarvos agora que cousas me pasaron nestes tres meses... podería tentar enumeralas, falarvos do traballo na escola, do proxecto, das festas, da viaxe a Rusia, da fin de semana en Pyhatunturi (en laponia), do video que fixen sobre Oulu, do que disfrutei dirixindo, filmando, montando un corto... das miles de cousas que aprendín de video, de PHP, de MySQL, de Java Mobile, de Inglés, de Finés, da nova xente que coñecín, da xente que se foi... pero creo que inda que agora vos contara cada un dos detalliños de cada un dos días do que foi a miña vida aquí, non seríades capaces de xuntalos e sacar de ahí o que realmente ocorreu. Porque ocorreu algo. Sintoo dentro de min. O mundo cheira distinto jajajaja

E agora é cando veñen as frases místicas como esa de: "non se pode explicar o que é, hai que vivilo". Sei que esa frase é como non dicir nada, pero é que é certo. Por moitos días que me pase aquí sentado describíndovos, non ides nin sequera a imaxinar qué é iso que te contamina a alma e fai de ti unha persona diferente. Pode que pra vos todo este tempo foran so seis meses mais das vosas vidas, pra min foi unha segunda vida enteira. É que o tempo non se debería medir en segundos, debería medirse en experiencias, en leccións, en retos, en sorpresas, en problemas superados...
Moitas veces aquí tiven a sensación de que a miña vida en Galicia é como un soño moi lonxano. Estes días falando coa xente da miña "familia de Otokyla" sobre as sensacións, os sentimentos cando ves que se achega a hora de volver, tentaba recordar como foron os meus primeiros días aquí, e aquel rapaz que se baixou do coche e que se quedou atontado mirando un manillar xurdindo do medio da neve, paréceme agora tan diferente do que son neste momento! Non sei si vos veredes algunha diferencia cando me vexades ou non. Tal vez so que estou moito mais delgado (sí, ainda mais). Non importa, a diferencia nótoa eu.

Eu, si queredes que sexa sincero, penso que isto foi sin ningunha dúbida o mellor que me pasou na vida. Cambiouma. Cambiou a miña forma de camiñar, de pensar, de sorrir, de querer, de levantarme pola mañá... e é agora, despois de ter estado aquí, cando me dou conta do moito que realmente necesitaba isto. Non so por teleco, é certo que conseguín algúns créditos pra escola, e pra min terminar canto antes esta carreira (que EU fixen que sexa así de longa), é agora o principal. Pero tal vez era ainda mais importante decatarse primeiro de que si foi así de longa foi porque eu quixen facela así de longa, e de que nunca a iba a terminar porque eu non quería terminala, era importante decatarse diso e entender o porque.

Non foi a viaxe a Rusia, nin as festas en Onnela, nin deixar de compartir piso con Gavin e vivir so, nin o traballo na escola, nin o frío, nin o calor, nin os mosquitos... poderíavos ter contado todas esas cousas neste blog (perdoádeme por non facelo intentarei explicarvos porque logo) pero inda así non veríades donde... non saberíades en qué momento me decatei de que levo toda a miña vida escapando de min mesmo, da miña propia vida, nin tampouco saberíades cando me decatei de que sempre usei os problemas coa miña moza pra tapar os meus, pra non ter que pensar nos problemas que tiña eu comigo mesmo. Non é xusto facerlle iso a ninguén e eu non me din conta ata agora.

Non sei, tampouco quero poñerme demasiado místico e falar de cambios que tal vez non van a ir a ningún lado, que tal vez se perdan na miña memoria en canto aterrice o avion en Vigo mañá. Chégame con que sepades o principal, sobre como estou, sobre como me sinto... si me preguntades por como estou agora, neste momento, tería que decirvos que emocionado e triste, por ver marchar á xente que quero tanto, por marchar eu deste lugar embruxado, polo vértigo dos minutos que se van voando, por non saber qué vai a pasar mañán ou a semana que ven, non poder imaxinar como me vou a sentir ó volver a casa, por volver ó que xa non sei si poderei seguir chamando a miña "vida normal". ¿Seguirá sendo normal aquela vida vista con estes novos ollos? En definitiva, sentindo algo de medo; pero supoño que é normal sentilo cando se acerca un cambio drástico na tua vida e non sabes o que hai do outro lado. Inda así, afronto o momento con decisión, como debe de ser, coa confianza e a seguridade de que vou a estar ben, e que o peor que me pode pasar é que aprenda algo novo. Estou desexando chegar, desfacer a maleta, asentarme e poñerme a traballar.

Si me preguntades por como me sinto despois de todo este tempo... o mellor xeito que topo pra explicalo e decir que cando penso no Fran que chegou aquí vexo un neno, unha persoa que non quixo seguir camiñando pra adiante despois dos 23 anos. E non é que agora me sinta xa un adulto, nin unha persoa de 29, pero sí un rapaz de 23 anos e medio, que leva 6 meses camiñando cara adiante de novo, despois de moito tempo, e o mais importante, que non quere volver a deterse. Así é como me sinto.

Sígo ríndome igual, e sigo saindo de marcha, e falando sin parar cando estou contento. E fancendo bromas sobre os dobles sentidos das palabras, e disfrutando cos ordenadores e a programación, e a fotografía (ainda mais que antes)... do cine e da astronomía non me lembro porque nos últimos meses so vin duas películas e cero estrelas (aquí agora é sempre día). Non son outra persoa, sigo sendo Fran, a única diferencia é que non tiven mais collóns que aprender un par de cousas.

Bueno, e xa vou terminando. Iba a prometervos poñer fotos sobre Lapland, sobre Otokyla, sobre o diferente que é Oulu no verán do inverno, sobre Moscú, San Petersburgo... pero prefiro non prometer nada. ¿Quén sabe cando volverei a escribir neste lugar? Tal vez mañá, tal vez nunca.

Unha aperta a todos, todos.

Escrito por Watcher o 2006-06-29 ás 07:16
Comentarios: 1 Deixa o teu comentario


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://watcher.bloxus.com//trackbacks/8861

Comentarios

1
De: unanada Fecha: 2006-06-29 22:15

ánimo, rapaz, e sorte na túa "nova vida" de volta



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.60 (5d9a038363)
Comentario

.:: Watcher © 2006 - Todo-los dereitos reservados ::.

Bloxus