|
Eu vou tirando.
O que queira que recolla. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Inicio > Historias > Retos, soños e idas de olla Retos, soños e idas de olla
Retos: como si fora fin de ano, ou fin de verán, unha vez pasado o meu baixón postvacacional síntome con enerxías suficientes pra iniciar unha colección de chaveros, empezar a construir a miña propia casiña de bonecas, deixar de fumar ou apuntarme nun ximnasio. Por suposto non penso facer ningunha de estas cousas. Exceptuando a última. A que mais me iba a costar sería a de deixar de fumar. Pois sí, estou nese plan de: "a partir de hoxe". A partir de hoxe irei ó ximnasio. A partir de hoxe escribirei mais no weblog. A partir de hoxe estudiarei mais. A partir de hoxe comerei mais. A partir de hoxe serei menos perfeccionista. A partir de hoxe esixireime menos a min mesmo. A partir de hoxe rallareime menos. A partir de hoxe serei mais práctico... E xa non lles chamo decisións sinon retos porque... vos sabédelo tan ben coma min ¿cantas veces dixen que iba a actualizar mais amiudo o weblog? Pois iso, que o primeiro é asumilo. Hoxe teño enerxía pra todo iso e moito mais, hoxe quero e podo empezar moitas cousas, pero ¿chegarame a enerxía de mañá pra continuar algo de todo iso que empecei? Dentro dunhas semanas estarei aquí de novo sentado despois doutro periodo de astenia primaveral redactando outra vez os mesmos "a partir de hoxe" ¿que se lle pode facer? ¿Como pode un loitar contra si mesmo? Din que é a mais dura das batallas; eu é a única que teño librado e polo de agora levo perdidas todas. Pois iso, así estou hoxe, todo o que me propoño, si é a curto prazo consigoo. O paseo á universidade non foi nada duro, foi tan sencillo que penso repetilo. Son uns 11 ou 12 kilómetros dende Otokylä, pero non hai apenas costas, nin vento, e faise sin moito esforzo, en pouco mais de media hora sin apurar moito estás alí. Ademais é como unha evasión, como unha sesión de sauna ou de ximnasio, reláxate! Tes tramos pola cidade vendo a axetreada rutina da xente, e tramos polo bosque paseando entre os despreocupados abetos. Si a este escenario lle engades a banda sonora de Amelie no teu MP3, sintes como si fora E.T. diante na bici tentando facerte voar, e Amelie sentada detrás agarrándote forte pra que non saias voando. Soños: cando me despertei hoxe pola mañá non podía creelo! Levaba toda a semana levantándome duas horas despois de escoitar o despertador e hoxe despertei cinco minutos antes de que sonara. Encántame cando pasa iso! Pero había algo que me sorprendía ainda moitísimo mais. Era capaz de recordar o que había soñado con todo luxo de detalles, e había soñado tantas cousas incribles!! Non pensedes mal, non había nada de sexo no meu soño (lamentablemente). Explicalo todo sería moi moi longo, so vou a mencionar algunhas cousas. Empezo acompañado de Bertín Osborne, que era o meu amigo nun rancho de Tenerife e dirixímonos no seu antigo coche que non funcionaba moi ben (que conduzo eu) cara unha cidade chamada "El puente" porque eu teño que participar nunha carreira de cocheciños de xoguete que flotan no aire porque teñen que ir pegados a globos de gas (como si foran zepelíns). O meu non é gran cousa, vai pegado con celo e mais que ir voando parece que vai colgando. Pra impulsar o cocheciño tes que irlle soplando, e hai moitísima xente participando, pasas por casi todas as ruas da cidade e ves a moitísima xente coñecida animándote. Eu ó pasar por debaixo da ponte do ferrocarril de Oulu pincho o globo e perdo moitísimo tempo, menos mal que me axuda o meu amigo Bertín Osborne cun globo moito mais grande, violeta e alargado que pego ó cocheciño de xoguete con dous cadrados de belcro negro adesivo. Con este novo globo o meu coche vai moitísimo mais rápido. Non chego de primeiro pero non importa porque ó final o gañador escóllese por sorteo. Cando inician o sorteo a maioría da xente xa marchou, e todas as papeletas que sacan son de xente que xa non está alí. Eu estou agardando a un lado e doume conta de que alí sentados no chan apoiados contra a parede están: o meu tio, Robert Redford e Katherine Hepburn. Os tres moi moi moi ancians (como me dixo Lupe debe ser a primeira vez que actuan xuntos estos tres). Eu estaba soprendidísimo claro, porque son un gran cinéfilo e estaba flipando por poder falar con eles. Weno, co meu tío non, pero sorprendíame que o meu tío falara con eles como si os coñecera de toda a vida. De feito, viñeran con él no seu coche! Bueno, o soño está cheo de detalliños, podo recordar dende as cores dos coches de xoguete voantes e os globos, ata canto gasoil tiña o coche de Bertín Osborne... Todo! Non sei si sodes capaces de poñervos na miña situación: unha mañá calquera despertades e dádesvos conta de que tedes esta absurda historia metida na cabeza e non eres capaz de terminar ningunha das preguntas: ¿pero que coño... ? ¿Como.. ? ¿por que... ? Gavin díxome que me escoitou falar en soños esta mañá e cando lle contei o que estaba soñando díxome (de coña) que estas cousas tiñaas que tratar un expecialista. Idas de olla: Hai unha cousa que cando estou acelerado, ou con moita enerxía no corpo non son capaz de evitar. A miña mente agárrase a calquera idea que topa e entretense xogando con ela ata que topa algo mellor co que xogar. Supoño que é mellor poñervos un exemplo pra que vexades a qué me refiro. Últimamente non son capaz de leer os vosos nicks no messenger sin quedarme pensando uns instantes en xeitos de contestalos, ou de cambialos pra facelos mais divertidos, ou simplemente adaptalos ó meu punto de vista. Cando vexo que Raul (un amigo de Barcelona) ten no messenger a frase: "A menudo me pregunto porque siempre que me besas me deshago", a min apetéceme escribir: "me desago siempre preguntándome porque no me besas más amenudo", ou si vexo a Nacho (un amigo de teleco) co nick: "a lot of water under the bridge" eu penso que aquí mellor sería poñer: "more ice than water under the bridge". E así con todo!! Conclusión: creo que esta historia de hoxe explica bastante ben porque sempre me resulta imposible engordar. En canto como un pouco de mais o meu corpo (e a miña mente) vólvese hyperactivo e intenta por tódolos medios posibles (weno, casi todos) queimar toda esa enerxía extra; xa sexa soñando, facendo 30 kilómetros en bici, escribindo duas historias no weblog o mesmo día, rallándose con cada cousa á que poida exprimirlle algunha gota de interés, apuntándose a un ximnasio... o que sexa! Bueno, voume a ver que botan hoxe pola noite na miña cabeciña, xa vos contarei. Escrito por Watcher o 2006-03-22 ás 00:13 Comentarios: 4 Deixa o teu comentario Referencias (TrackBacks)URL de trackback de esta historia http://watcher.bloxus.com//trackbacks/8196
Comentarios
|
![]()
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||