Eu vou tirando.

O que queira que recolla.
Inicio > Historias > A loucura de hoxe
A loucura de hoxe
Estado: moito mais animado que estos días.
A ultima ocurrencia das valencianas: facer unha ginkana este sábado.


Imos aló: Pra variar hoxe vou a escribirvos unha historia pequeniña: Levo moito tempo sin facer nada. Sin facer cousas insensatas, e sensatas tampouco. Levo dende que cheguei de España recuperándome a base de comer moito (engordei casi dous kilos en catro días!!). Pero non saín de este cuartucho, apenas falei coa xente e o único que fixen foi aporrear o teclado de este cacharro. Deprimente ¿verdade?

Onte despertei de este absurdo letargo. Saín ó pasillo, topeime con xente e forceime a facer traballar de novo as engranaxes da máquina do inglés. As valencianas están entusiasmadas coa ginkana do sábado, a min paréceme boa idea, xa vos contarei como sae. Eu creo que vou a empezar a ir ó ximnasio con Raul (o valenciano), vai 3 veces á semana de 7 a 9 e non é moi caro; e hoxe... vou a intentar chegar á Universidade de Oulu en Bici. Díxenlles onte a María e a Javi que iría (intentaría ir) hoxe a comer alá con eles. Non fai moito frío (so uns -5 grados) pero a universidade queda a 9 kilómetros mais ó norte e non sei si chegarei. Vamos a intentalo!! ¿que pode pasar? Levo mapa, a brúxula que me regalou Lupe para que non me perdera, cartos e algo de comida por si acaso. Xa vos contarei.

Escrito por Watcher o 2006-03-21 ás 11:35
Comentarios: 0 Deixa o teu comentario


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://watcher.bloxus.com//trackbacks/8192

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.60 (5d9a038363)
Comentario

.:: Watcher © 2006 - Todo-los dereitos reservados ::.

Bloxus