|
Eu vou tirando.
O que queira que recolla. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Inicio > Historias > ROKUA ROKUA
¿Que coño é iso de Rokua? Pois exactamente é un parque nacional finés (eu pensaba que era unha aldea). Podedes ver no mapa ese donde se topa exactamente. Estiven vendo en internet fotos, e no verán está cheo de lagos e é precioso. No inverno tamén hai lagos pero non se ven, e o de si é precioso en inverno ou non... xa me diredes vos despois de ver as fotos. A excursión saiunos bastante barata, costounos a cada un cero euros e cero céntimos. Pagouno todo o instituto: autobús, comida, cena, merenda, aloxamento, guías, equipamento, cámaras de fotos... Eu tiña a miña cámara pero podedes ver na foto como esta rota a pantalla (rompeu co frio en Jokkmokk). E como eles (os profesores) me animaron a levar unha cámara mellor pois pedina, e déronme esa outra cámara que podedes ver nas outras fotos. Incluso compraron caixas e caixas de cervexas pra que bebéramos pola noite!! E cando volvimos, repartiron a comida que sobrou entre os alumnos. Saimos de Oulu despois de comer ás 12 da mañá. Eu pensaba que Rokua era un puebliño no medio do monte pero é un parque nacional, e cando chegamos alí non topei nin casas nin tendas, nin gasolineras, nin nada de nada!! Solo neve e unha cabaña donde ibamos a pasar a noite. Foi incrible ver o autobús meterse por esos camiños no medio do monte todo nevado!! Cando chegamos alí non o cría!!
A cabaña: Dende fora non parece gran cousa pero unha vez entras descubres un paraiso de comodidade. Esta costumbre que teñen os fineses de descalzarse sempre o entrar en casa, axuda moito a sentirse cómodo en canto chegas. Ademais, o sitio está moi moi ben aproveitado e equipado. Cando chegamos non nos deu tempo a explorar moito, simplemente escollimos "cama", ou mellor dito o sitio pra durmir, collimos un colchón, sacamos algunhas fotos de como eran os dormitorios por dentro e marchamos pra o monte porque tiñamos moitos kilómetros que andar e non queríamos que se nos fixera noite polo camiño. O volver foi cando nos dimos conta do ben equipada que estaba a cabaña. Por exemplo eu, traía os pantalóns... non estaban empapados, pero unicamente polo fríos que estaban, estaban acartonados, conxelados, non se podían nin dobrar, en canto se derretira o xeo estaba claro que quedarían pingando. Pero alí tíñamos o cuartiño de secar a roupa. Qué gran invento! En media hora collín os pantalóns de volta completamente secos!! Sei que moitos de vos os estaredes preguntando que fixen nesa media hora sin pantalóns (medo me da pensar no que estaríades imaxinando); levara uns pantalóns de chandal floxos pra andar por casa, estiven con eles todo o tempo mentres estivemos dentro da cabaña, os outros pantalóns so os usaba pra sair fora. Ademais tamén había un aparato parecido a unha nevera enorme pero que era pra meter os zapatos dentro e secalos. A min non me fixo falta porque as miñas chiruca portáronse de maravilla, non me podo creer que non me meteran nadiña nadiña de humidade dentro!! Non sei como é posible pero non teño ningunha foto do cuartiño de secar a roupa nin da nevera de secar zapatos, debeu ser das poucas cousas ás que non lle saquei foto.
Na cabaña había dous dormitorios enormes e logo outros mais pequenos pra profesores. Estaba equipadísima, o comedor e a cociña estaban xenial, eran moi moi amplios, e tiñas chimeneas en cada cuarto pra facer makkarras (salchichas) si querías ou entrar en calor mais rápido si viñas de fora. Ademais fora había un campo de basket (inda que co campo cheo de neve non valía de moito) e outro edificio ó lado con sauna. E bo uso lle dimos pola noite.
Os zapatos pra neve: En realidade non son zapatos, son como unha especie de suelas de plástico moi duro que se lle poñen ós zapatos pra non enterrarte (tanto) na neve cando vas camiñando. Parece unha idea moi sinxela pero cando os ves funcionar daste conta de que son algo mais complexos. Podes usalos co talón fixo a suela ou solto
(so coa punta do pe fixa); na parte de abaixo ten puntas de ferro pra non esvarar no xeo e cando das cada paso unhas cuchillas clávanse no chan pra agarrarte mellor ó chan.
Pero non iban a ser todo ventaxas, a cambio de non empaparte (tanto) os pantalóns e de non enterrarte (tanto) na neve tes que pagar un precio. O cansancio. Andar cos pes de pato estes cansa sobretodo cando camiñas por neve virxen (sin pisar). ![]()
A procesión: como é moito mais doado camiñar pola neve que xa está pisada, porque te cansas moito menos, ó final terminamos todos pisando polo mesmo camiño polo que pisa o guia e así so se cansa él (logo ó chejar á cabaña dámoslle unhas frejas nos pes).
Pero está gracioso vernos a todos camiñar sempre en fila como si fóramos un tren ou unha procesion dos gusanos esos que se ven en primavera en Galicia. Ademais de ser mais cómodo porque canse menos tamén é mais seguro porque así ninguén se perde. Sempre levábamos un guía diante de todo e outro ó final que se quedaba cos últimos (que éramos sempre os que sacábamos mais fotos). Ademais, supoño que non será tan facil perderse, coas marcas que vas deixando na neve heche ben doado volver a desandar o camiño e topar a ruta do grupo ou que te topen seguindo o teu rastro.
![]()
Inda que non sempre seguíamos o camiño como bos rapaces. Moitas veces nos saíamos e facíamos carreiras pola neve con eses pes de pato, ou peleas rebozándonos na neve. En resumen, que disfrutamos como nenos vamos. ![]()
![]()
Persoas importantes: non había! Éramos todos igual de importantes. Non había diferencia algunha, nin ningún tipo de xerarquía. Si non fora pola idade non diferenciarías quen era profesor e quen era alumno. En España estamos tan acostumbrados a este tipo de xerarquías que non nos damos conta. Cando vas de excursión en España os profesores van por un lado e os alumnos por outro, e a non ser que teñas moi bo rollo co profesor tes que pedirlle permiso pra falar con él, e van con ese aire de superioridade, que con cada paso que dan van berrando a gritos que saben mais ca ti de todo, que ti non lles podes ensinar nada. Aquí non é así, os profesores e alumnos son amigos, persoas que están todas a un mesmo nivel. Como me dixo Sara pola noite, despois de chegar da ruta, de cear e de ir á sauna: iso de estar na sauna un rato cos teus profesores en pelotas alí sentados ó teu lado elimina toda posibilidade de estatus xerárquico. Ademais fixámonos nunha cousa moi curiosa, cando estábamos no comedor facendo cola pra colle-la comida, todo-los profesores agardaron a que os alumnos terminaran pra poñerse na cola. Bueno, pois iso, que aquí van unhas cantas fotos da "xente importante". Xente que fixo posible todo isto (e moito mais). Xente pra que non teño palabras de agradecemento suficientes. Katja: A xente que me acolleu aquí en Oulu fíxoo como si eu fora da sua propia familia. Pois ben, si a xente do instituto é como unha familia temporal, entón Katja é sin ningunha dúbida a nai de esa familia. É unha muller excepcional que non vai a traballar pra gañar cartos, (ou dende logo non so pra iso), que se nota que se esixe moito a si mesma... non sei, ves como se preocupa sempre por todo (é xunto con Matti a coordinadora internacional do instituto) que sempre quere facer as cousas ben, que sempre se preocupa tanto por todos, vese que disfruta axudando á xente. É dunha especie de funcionarios que en España se extinguiron fai moito tempo (si é que algunha vez existiron).
Heikki (aka Elton John): con diferencia o finlandés con mais "personalidade" que coñezo. Todo unha personaxe. Quitádevos da cabeza esa idea de finlandés tímido e cerrado, sobrio e frío porque eles non son así; hai moito finlandés "rariño", extravagante, algún mais sociable que outro. E Heikki é un home bonachón que arrastra sempre esa alegría tan bohemia, do mesmo xeito que conduce ese vello mercedes; ainda non o vin nunca triste ou enfadado; ten unha forma de ser que fai que pareza imposible imaxinalo doutro xeito, sempre está de coña e rindo. É, xunto con Pekka, un dos organizadores do curso DIME que estou facendo. Non teño fotos de Pekka (outra personaxe interesante) porque cando fumos a Rokua estaba enfermo e non puido vir (botámolo moito de menos).
Peter: Non é finés, é eslovako, estivo con nos duas semanas, duas intensísimas semanas intentando empaparnos cun 10% de todo o que sabe de fotografía, diseño, tipografía e retoque fotográfico. É un profesor boísimo, e controla moitíiisimo do que explica, estando con él en clase acojónaste porque cada 15 minutos aprendes 20 cousas diferentes e velo a el alí facendoo todo tan sinxelo, conseguindo facer maravillas cun par de simples fotografías nuns segundos, e queres aprender, e queres que non se che olvide nada, pero é imposible, sabes que non te lembrarás nin da metade de todo aquelo. Oxalá tivéramos dous meses con él en vez de duas semanas! Despois da viaxe a Rokua volveu pra Eslovaquia (veu aquí exclusivamente a darnos clase a nos). Creo que nunca na vida escoitarei as palabras "Something like this" sin lembrarme del. Un día contei o número de veces que utilizou esta expresion nunha mañá... 87 veces! Pero non pensedes que o fixen porque me aburría na sua clase, iso é imposible! So o fixen porque me parecía curioso. Fora das clases era como un meniño grande, xogando as cartas coas valencianas, e apuntándose a todo.
Matti: É o meu coordinador, non se entrega tanto como Katja nin é tan coñero como Heikki ou Pekka, pero oxalá houbera mais como él en España.
Sara e Paula: a estas dúas véselles na cara que tampouco son de Finlandia, nin tampouco de Eslovaquia; nótaselles a beleza española loitando por liberarse de esas superbufandas contra o frío. Pode que elas non sexan tan importantes como Katja, ou Heikki, ou Peter... pero eu creo que tiñan que ter o seu hueco nesta historia. Si dentro de 10 anos volvera a leer esta historia no meu weblog pra revivir esta escursión e non as topara a elas aquí sentiría como que lle falta algo. Así que aquí vos deixo estas fotos, pra que vexades que non toda a beleza que se viu naquel monte aquela tarde estaba alí agardando por nos.
O bosque: Creo que recorrimos sobre uns 5 kilómetros. Non creo que fosen mais. Pero andar pola neve cansa mais (sobretodo cos pes de pato estos). Teño centos e centos de fermosas fotos do bosque, e das árbores, e da neve. Pero inda que algunhas veces eres capaz de captar coa cámara cousas que a simple vista non percibes tan ben, o que é imposible e transmitirvos cunha foto o que sintes ó estar alí, metido naquel mundo branco, iso non se pode captar cunha cámara, hai que estar alí. Bueno, espero que vos gusten as fotos (si é que queredes velas claro).
Eses pequenos detalles: Unha cámara non pode abarcar a grandeza daquel sitio. Podería poñervos mil fotos parecidas pero nunca vos sentiríades rodeados da beleza daquel sitio. Supoño que a maioría de vos os aburriríades vendo fotos que vos parecerían todas iguais. Agora vou a poñervos outro tipo de fotos diferentes, cousas que unha cámara sí que é capaz de captar, esos pequenos detalles daquel fermoso escenario. Espero que vos gusten.
O refuxio: no medio do camiño, despois do que a min me pareceron casi duas horas camiñando polo monte fixemos un pequeno descanso nun pequeño refuxio. A min non me apetecía moito entrar, non paraba de facer fotos de todo o que vía e non tiña nada de frío; pero todos estaban quitando os pes de pato pra entrar, e os guías estaban repartindo pequenos briks de zumo dentro. Así que ó final entrei igual que todos os demais.
Tanta xente nun sitio tan pequeno, quitándose os gorros, as bufandas, os guantes, apelotonandose arredor do lume, sentándose nos bancos con peles de reno, preparando te e café naquelas potas de ferro... comentando cousas que pasaron no camiño, contando historias. Eu falaba con Heikki contándolle como foran as miñas experiencias rebolcándome desnudo na neve despois da sauna e co ice-swimming e que agora estaba buscando novas loucuras finlandesas pra facer. El contestoume que podía probar a facer dous buracos no xeo en vez de un e meterme por un e intentar topar o outro, e que si o facía no medio da noite ainda era mais emocionante. Por unhas cousas ou por outras todos rían. Algúns seguíamos quitando fotos de todo, a veces sin darte conta de que a cámara empañouse ó entrar, do fría que estaba e que a foto non vai a sair como esperabas (inda que sigue sendo fermosa igual).
Un bosque ou un soño: Despois dese pequeno descanso no refuxio volvimos pra cabaña. Estabase facendo noite así que apuramos un pouco mais o paso. Ademais non había xa apenas luz e non podíamos sacar moitas fotos; fumos por outro camiño mais curto, e no medio do camiño, pasamos por unha zona... aquelo era como un soño, ou como un conto de hadas, era como estar no ceo... si tivera alí a banda sonora de Amelie... teríame deixado caer na neve alí en medio daqueles árbores e quedado alí pra sempre. Era un lugar tan fermoso! casi parecía místico ou enfeitizado! Non puidemos sacar moi boas fotos porque non había moita luz, eu grabei un video porque non quería esquecer aquelo nunca. Aquí vos deixo unhas fotos pra que intentedes imaxinarvos como era inda que as fotos son unha mera parodia daquel paraiso.
A cena: Cando chegamos a cabaña, quitar os zapatos, a roupa mollada, poñerse roupa cómoda, andar descalzo polo chan de madeira, sentarse enfrente das chimeneas, poñer a roupa e os zapatos a secar, mirar as fotos que sacaches... supoño que si o tempo fora non fose tan inhóspito non te sentirías tan agustiño ó entrar. A cena foi rara, como a maioría das comidas de finlandia, non sabería explicarvos, que te poñan cinco tipos distintos de pan, tres tipos de mantequillas, mermeladas, lonchas dalgo semellante a mortadela, queso e ese zumo que parece tang pero do malo... non sei, en España iso non é unha cena, pero aquí...
A noite: despois da cena os profesores empezaron a repartir cervexa, a xente sacou cartas e xogos, gominolas, patatillas, makkarras (salchichas) e decidíronse dous turnos pra usar a sauna. Unha hora pras mozas e outra hora pros rapaces. Eu dixen que tamén podíamos usar a sauna todos xuntos e acordar que todo-los rapaces miraran so pro lado dos rapaces e as mozas pro lado das mozas, pero algunha xente non estaba dacordo.
Algúns dos meus compañeiros ainda non probaran nunca o de sair correndo da sauna e rebolcarse desnudo na neve e eu fixenlles de guía. En total fíxeno (o de tirarse desnudo na neve) unhas tres veces esa noite, e a última vez tardamos moito en sair porque un deles marchou a buscar a cámara á cabaña pra sacarnos fotos desnudos tirados na neve (por certo ainda teño que pedirllas). Creo que esa foi a última vez que o fixen porque non me sentou moi ben, tal vez por ser despois de cear, e tanto tempo metido na sauna (debeu ser mais de 40 minutos en total) paseime esa noite e o día seguinte cunha incómoda dor de cabeza.
Despois volvimos pro comedor. Eu estiven un rato xogando a un xogo de cartas alemán, xoguei o scrabble en inglés!! E non me creo que quedara de segundo!! (e sí, sí que éramos mais de dous xogando) e logo estiven cantando con Katja. Ela tocaba a guitarra e nos cantábamos. Moitas cancións coñecíaas de sobra pero nunca me parara a escoitar (e a entender) a letra. Con algunha non me cría que expresaran tan ben o que sentía, a miña situación alí; fíxome pensar que non era unha casualidade ter que cantar aquelas cancións. Estar alí tan lonxe, botando de menos a Lupe e darte conta do que estás cantando mentres o cantas... casi me boto a chorar con esta: ¿non vos parece ridículo? ¡co alegre que parecía cando non a entendía!
Close your eyes and I'll kiss you, Tomorrow I'll miss you, Remember I'll always be true. And then while I'm away, I'll write home everyday and I'll send all my loving to you. I'll pretend that I'm kissing the lips I am missing, and hope that my dreams will come true. And then while I'm away, I'll write home everyday, and I'll send all my loving to you. All my loving, I will send to you, All my loving darling I'll be true. Eu en Rokua: que me levei de Rokua (ou que me deixei). Lévome moi boas experiencias, foi un día inolvidable. Volvín de alí sabendo falar mellor inglés. Practicamente ata que me fun a España aprendía todo-los días un pouquiño mais, e sobre todo cando fixen excursións ou viaxes como esta; dende que volvín de España ainda non aprendin nada novo, nin de inglés nin de nada, estou en plan deixado, perezoso, apagado.
Ademais de inglés, aprendín algunhas expresións novas de finés, aprendín cousas novas da forma de ser dos fineses, e de fotografía tamén. E coñecín a moita xente nova coa que fixen moi boas migas. Non sei, o sitio era precioso, era incriblemente fermoso, e as cámaras moi boas, e disfrutei moito da sauna, e paseino moi ben cos xogos e falando coa xente polo bosque; pero si teño que quedarme con algo, so con unha cousa, o que mais me gustou de esta excursión foi o xeito no que se compartiu todo, ese ambiente de camaradería entre todos, alumnos e profesores, todo o mundo listo pra axudar, todo o mundo aberto a aprender e disposto a aportar o que poida. Iso foi o que mais me gustou de esta excursión. Pena que diso non se poida sacar unha foto!!
Escrito por Watcher o 2006-03-18 ás 17:53 Comentarios: 5 Deixa o teu comentario Referencias (TrackBacks)URL de trackback de esta historia http://watcher.bloxus.com//trackbacks/8186
Comentarios
|
![]()
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||