Eu vou tirando.

O que queira que recolla.
Inicio > Historias > Outra vez aquí
Outra vez aquí
Estado: baixo de moral e de enerxía, pero recuperando.
O mais destacable do ultimo mes: 1- Excursión a Rokua. 2- Spanish Party en Otokylä. 3- Campeonato mundial de Ice-Swimming. 4- Viaxe de visita a casa.
Aviso a navegantes: no meu weblog hai unha foto de leite Larsa sí, pero iso non quere dicir que en Oulu poidas topar semellante cousa.


Pouco sempre é mellor que nada: Levo un mes sin escribir no weblog. Supoño que vos daríades conta non? Si me preguntades o porque non sabería decirvos. Unha noite, fai moito tempo, empecei a escribir unha historia sobre cómo e porqué moitas veces aquí sinto vergonza de ser español. Xa vos falarei disto mais adiante, pero aquela noite, cando lle din a enviar (despois de pasarme varias horas escribindo) o navegador dixo: non se puido enviar o texto, a sesion caducou, volva a conectarse e a mandar a información. Non é a primeira vez que perdo unha de estas historias de este xeito, parece que non dou aprendido porque sigo escribindo as cousas directamente no navegador en vez de escribilas primeiro nun ficheiro do ordenador. A cuestión é que cando me ocorre isto desmoralízome por completo, todas as cousas que escribira perdinas, e entón teño que volver a escribilas de novo! Dígome que xa o farei outro día pero ese día nunca chega porque pra min explicar (léase enrollarme) as cousas é un placer a primeira vez, a segunda é un traballo incómodo. Así que vouno deixando, vouno deixando e ó final pásome as semanas sin escribir nada.

Logo de esa noite chegou Rokua, e a Spanish Party, e moitas cousas das que xa non sei si me lembrarei. E cada unha de esas cousas era unha gran aventura pendiente de ser contada no meu weblog. Agora xa pasou un mes, e teño ahí na memoria moitiiiisimas cousas que contarvos, e da algo de pereza topar tempo (horas) pra contar todo iso. Pero despois dun mes, agora penso que sempre será mellor escribir un pouquiño e contar simplemente como estou, como me sinto, inda que deixe moitas cousas pendientes por contar. Sempre será mellor iso que non contar nada non?

O agora: ¿como estou agora? fai tres días que cheguei de España, e hoxe é o primeiro día que sinto algo de enerxía pra facer cousas. Onte e antesdonte fixen cousas pero as imprescindibles, as que non tiña mais remedio. Sentíame ó 5% e non creo que sexa unha esaxeración. Estaba sempre cansado e deprimido, non me apetecía facer absolutamente nada. ¿Por que? Pois despois de dous días rallándome (xa sabedes como son) teño varias teorías. Agarrádevos que ahí van.

Samantha díxome que isto é normal, que todo o mundo se deprime despois dunha visita a casa; según ela cando volves de casa, as cousas xa non son como a primeira vez, isto xa non é un pais novo no que vas a vivir unha incrible aventura; cando volves por segunda vez miras os meses que che quedan como un traballo, como unha proba ou barreira que tes que superar. Samantha é inglesa e por suposto non mo dixo con estas palabras pero mais ou menos veu dicindo que a primeira vez chegas cunha actitude de: "Hai que disfrutalo" e a segunda: "Hai que roelo". E según ela iso deprímete.

Supoño que non lle falta algo de razón. Pero ademais diso, creo que hai outras cousas que tamén influiron: paseime 40 horas de viaxe dende que saín da casa en Portonovo ata que cheguei ó piso, alimentándome so a base de galletas, sandwiches, cacahuetes, zumos, mazás e naranxas. Parece moito pero é unha auténtica merda; e ademais, o de pasarse 22 horas metido no aerocutreporto de Frankfurt non é ningunha aventura que mereza ser recordada. Durmir no chan, que te desperte un policía ás tres da mañá, que teñas que vestirte, recoller todo e marcharte en busca de outro sitio pra poder durmir... Durmín moitas horas contando o tren, o avión e o chan do aeroporto, pero sentíame como si non durmira ningunha.

Ademais diso hai outra cousa importante. Creo que cometín o erro de "idealizar" demasiado as cousas que me agardaban na casa. Paseime demasiado tempo decindo o moito que botaba de menos as cousas de Galicia, demasiado tempo decindo canto desexaba volver... e non é que me decepcionaran, non pensedes iso. A comida de Galicia sigue sendo mil veces mellor que a de aquí, e Lupe sigue sendo a rapaza mais fermosa do mundo, e a persoa que me fai sentir mais vivo, e como iso todo o demais. Pero a cuestión é que non podo facer aos demais responsables do meu estado de ánimo. Cando me sintes deprimido e so, é moi doado botarlle a culpa ó mundo, ós demais. É moi doado dicir: "si estivera na casa, estaría con Lupe e non me sentiría tan so", "si estivera na casa a comida sería mais rica e comería mellor"... creo que é algo que facemos todos, cando estamos deprimidos sempre lle botamos a culpa a nosa situación, a algo que non nos gusta. Si somos infelices sempre é porque non estamos coa persoa que amamos, ou no sitio no que querríamos estar, ou porque non temos o que nos gustaría ter... Pero eu penso que iso non é certo! son so escusas! Porque cando chegas o sitio no que tanto querías estar, e cando comes a comida que tanto che apetecía comer, e tes as cousas que querías ter, e estas coa persoa que querías estar... daste conta de que a felicidade non aparece de repente por arte de maxia. Daste conta de que con toda esa boa comida, e con toda esa xente que te quere, e o sol, e a praia, e o mar, e todas esas cousas que botabas de menos... podes deprimirte igual, e sentirte so igual, que todas esas cousas non arreglan os verdadeiros problemas da tua vida. E entón volves pra Oulu e inda que te sintes so, e cansado e deprimido xa non podes sentarte aquí a soñar con volver, pensando que esa será a solución dos teus problemas, pensando que é a distancia a culpable da tua tristeza. Non tes nada a quen botarlle a culpa. Supoño que isto tamén foi unha das causas de sentirme deprimido estos días, darme conta de que non hai lugar máxico na terra, nin persoa máxica, que so con estar alí ou ó seu lado, te faga feliz a pesar de todo o demais. A felicidade hai que gañala, hai que traballala, hai que roela!! Cada un de nos é responsable da sua propia felicidade, ninguén mais. Así que deixade de chorar por non ter o que queredes, deixade de chorar por non estar con quen queredes estar, ou donde queredes estar. Inda que tivérades todo iso polo que chorades, seguiríades chorando igual, toparíades outras cousas novas polas que chorar.

Todos necesitamos na vida o noso tempo de ser felices e o noso tempo de estar tristes, non se pode ser feliz continuamente, algúns pasan mais tempo nun estado que no outro, porque o necesitan mais, porque se sinten mais cómodos, ou porque lles gusta mais, a cuestión é que somos nos mesmos, e soamente nos, os responsables do noso estado de ánimo. Somos nos os que buscamos a felicidade ou a infelicidade cando a necesitamos, da igual con quen, ou donde ou como estemos. Os nosos problemas, as nosas barreiras... somos nos os que as poñemos ahí. Ninguén mais. Se ti queres, podes ser feliz ahí donde estás, en Portonovo, en Oulu ou en Pekin. So, con moza, con mozo, con moza e mozo ó mesmo tempo... non hai nada neste mundo que che vaia a dar a felicidade, eres ti mesmo o que te fas feliz, e non deberias deixar que nada teña o poder de quitarche esa felicidade.

O tempo: bueno, bueno... despois de esta rallada filosófica (facía tempo que non me enrollaba tanto con algo así no weblog) non hai nada mellor que falar dalgo tan vanal como do tempo. En Oulu neste momento esta nevando! Moitos de vos diredes: "menuda novidade!" Pois sí, é unha novidade; no último mes debeu de nevar so un par de días, hai moita neve porque nunca se derrite pero nevar non neva moito. Ademais estos dous últimos días fixo calor (dous grados sobre cero) e a neve empezou a derretirse, hai charcas nos camiños, empeza a cheirar mal e é un perigo andar en bici. Unha cousa mais que engadir a miña lista de: "a vida é unha merda".

Jeje, non tranquilos, esa actitude so a tiven os dous últimos días, cando fixo calor e todo cheiraba mal, e todo me saía mal: non era capaz de erguerme cedo, confundíame o turno da lavadora, rompíame unha botella de caña na mochila e a roupa apestaba, chegaba tarde a comer, esquecíame as cousas no piso... hoxe erguinme cedo, cortei o pelo, afeiteime por fin, limpiei un pouco o cuarto, desayunei!! comín ben... e o ceo premioume con frío e neve!! Thanks God!!

Escrito por Watcher o 2006-03-18 ás 14:47
Comentarios: 0 Deixa o teu comentario


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://watcher.bloxus.com//trackbacks/8185

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.60 (5d9a038363)
Comentario

.:: Watcher © 2006 - Todo-los dereitos reservados ::.

Bloxus