|
Eu vou tirando.
O que queira que recolla. |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Inicio > Historias > Ice Swimming Ice Swimming
O que eu pensaba: Pensei que sería nunha parte do río ou do mar que estivera completamente cuverto de xeo, que faríamos un buraco no xeo e nos tiraríamos dentro. Pensaba que a auga estaría completamente parada, sen correntes e que pra entrar ou sair do buraco non habería nin escaleiras nin nada. Xa vin algunhas fotos de campeonatos de natación no xeo e son mais ou menos así. Fan un buraco no xeo a modo de piscina e nadan alí. De cando en cando teñen que quitar as plaquiñas de xeo que se forman na superficie pra que os nadadores non se fagan daño. A foto que vos poño aquí por exemplo, pasouma Chus do campeonato que hubo aquí o ano pasado. Chegar e enfrentarse á realidade: foi ás 10 da mañá, no río, na praia de Tuiran. É unha zona do río donde hai moita corrente e por iso é a última parte do río en cubrirse de xeo. Fun ata alá en bici con Sara e Paula. Sara dixera o día anterior que igual o facía ela tamén pero ó final creo que nin sequera levou a toalla. Eu teño que recoñecer que cando cheguei alí estaba cagado de frío. A temperatura era de -14, facía algo de vento e viñeramos andando en bici uns 20 minutos, tiña as mans algo conxeladas e sentía frío nos pes. Ó chegar vin mais ou menos o que podedes ver vos nesta foto. Unha pequena ponte ou porto sobre o río que terminaba cunhas escaleiras metálicas de esas de piscina. En canto vin iso díxenme a min mesmo que así non iba a ser capaz. Víame alí enriba daquelas taboas sin roupa, e cando intentaba baixar polas escaleiras e poñia un pe na auga saía correndo a vestirme. E non podía saltar porque parecía que había bastante corrente!
Supoño que todo isto non eran mais que escusas o que realmente pasaba era que estaba cagao de frío, que naquel momento nin se me ocurriría sacarme nin sequera os guantes das mans. Así que me quedei alí, mirando incrédulo como os outros rapaces entraban no caseto pra cambiarse, e saían, e se metían na auga, e incluso daban unhas brazadas, e berraban un pouco, e saían correndo pro caseto outra vez a secarse e cambiarse.
A xente decíame: ¿E ti? ¿Ti non ibas a probar tamén? ¿non decías que estabas decidido? E eu contestaba: Pufff... non, non podo, non podo, teño demasiado frío, pensei que sería nun buraco no xeo, pensei que sería sen corrente, a escaleira está chea de xeo... Todo escusas baratas. Pero non sei como metinme no caseto. Eu seguía decindo: non, non, non podo, non podo facelo, fai demasiado frío. Os rapaces de dentro do caseto estabanse secando, e vestindo, e ríndose e dicindo o guay que estivera... e recibíronme decindo: O rapaz español vai a intentalo!! o rapaz español vai a facelo!! E eu: que non, que non, que non podo, que non son capaz. E Ingo (un rapaz alemán) decíame: veña home, nos todos o fixemos e non so sobrevivimos sino que estamos aquí dicindo que está xenial. Tes que facelo!!. E eu seguía a decir que non, que non me convencía, que non iba a facelo. Pero mentres o decía, íbame quitando a roupa, e seguía convencido de que non o iba a facer, pero alí estaba, quitándome o abrigo, os pantalóns, o xersei, a camiseta... As probas: pra que vexades que ó final sí que o fixen aquí vos deixo a secuencia de fotos que teño. Supoño que terían sido moito mais impresionantes si fose nun buraco no xeo pero pra min a experiencia foi a mesma. De todas formas, ó fondo, nas fotos, podedes ver como a metade do río da outra veira sí que está cuverta de xeo.
Como é: É alucinante! É incrible! Sintes moito mais frío cando estás alí parado depé abrigado mirando como os outros se meten na auga que cando o estás facendo. Pensei que en canto metera un pe na auga saldría correndo, pero non. O aire está a -14 e a auga como moito está a 0 grados así que non sintes tanto frío. É unha pena non ter ningunha foto na que se me vexa a min con mais xente. Porque alí había unhas 20 ou 30 persoas, abrigados ata as orellas, vendo como uns tolos se meten na auga conxelada. E é chocante ver tanta xente así abrigada e ti estar en calzoncillos (sí, son calzoncillos). Despois de sair da auga tampouco sintes tanto frío, e non entendo porque. Eu levei a toalla comigo porque pensei que a necesitaría en canto saise da auga pero non a usei ata meterme dentro do caseto. O que sí sintes é un subidón. É incrible, é algo que non se pode explicar con palabras, algo que tedes que facer por vos mesmos. Curiosidades: mentres estábamos alí outra xente (todo xente maior de Finlandia) chegaron, miráronnos raro, cambiáronse e metéronse na auga coa mesma naturalidade coa que se deben de meter na cama. Aquí a xente maior fai isto cada poucos días; ó parecer é moi bo pra pel e pra os osos. O gorro. Según me dixeron é moi importante levar gorro, porque si resbalas na auga e sumerxes a cabeza pode darche un mareo ou algo. Os calcetíns. Por suposto que non son pra abrigarse, e tampouco son pra non resbalar no xeo. O propósito dos calcetíns é que non se che peguen os pes no xeo do chan e te arranques a pel (pode ser algo desagradable). Cando volvía da auga agarrei o manuvio metálico da porta do caseto e quedóuseme pegada a man. Despegouse facil pero levei o xeo pegado nas mans jejejeje Era gracioso ver o xeo alí pegado e non sentir dor nin frío. A suela dos meus calcetíns estaba chea de pedras de xeo que fora arrancando polo camiño. O mellor de todo son os efectos secundarios. Pasei o resto do día en clase, atendendo, traballando, e ó chegar a casa non estaba cansado como todo-los outros días. Púxenme a ordenar o cuarto, a limpiar, a facerme unha tortilla (a quinta), a repasar cousas de clase... é unha maravilla isto do ice-swimming. Ademais, podo ir sempre que queira e repetilo. Iba a ir hoxe cos outros españois da universidade, pero onte chegamos tarde do Amarillo e quedeime durmido pola mañá. O Inglés: os primeiros días da semana creo que estiven demasiado tempo falando cos españois, e non aprendín absolutamente nada. Logo, o xoves ou o venres amotineime e díxenlles a todos que non iba a falar mais spanish e salvo duas ou tres frases o día, estouno conseguindo, e volvo a ter esa agradable sensación de estar mellorando co inglés cada día. Viaxe a Rokua: o martes vamos a ir todos a Rokua de viaxe. Igual pensades que vou a perder clase por ir a esta viaxe, pero non, estades moi equivocados, porque vamos co profesor. Rokua é como Manzaneda pero en Oulu. Polo que me contaron é unha especie de estación de esquí donde podes practicar a ostia de actividades: ski, snowboard... e nos imos a coñecer, a divertirnos, e sobretodo a sacar fotos!! e non porque o queira eu (que si que quero) sinon porque alí daremos as clases prácticas de fotografía e todos teremos que sacar moitas fotos. Xa veredes as miñas. Escrito por Watcher o 2006-02-19 ás 20:29 Comentarios: 4 Deixa o teu comentario Referencias (TrackBacks)URL de trackback de esta historia http://watcher.bloxus.com//trackbacks/8084
Comentarios
|
![]()
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||