Eu vou tirando.

O que queira que recolla.
Inicio > Historias > 40 días e 40 noites
40 días e 40 noites
Estado: cansado, nervioso, agobiado, estresado, contento.
Seguinte loucura: Ice-swimming mañán pola mañán!!


40 días e 40 noites: ¿víchedes esta película? Si non a víchedes non vos perdedes moito. É graciosa, ríeste pero é unha peli prescindible. É unha de esas Teen-movies, películas de instituto yankie como eu as chamo; outra de esas profundas tesis dos enormes problemas que teñen os adolescentes americanos pra sobrevivir. Eu non vou a explicar aquí de que vai a peli, nin vou a decir explícitamente porque me lembro agora dela; supoño que todos vos tedes neuronas suficientes como pra deducilo. So vou a decir que hoxe a noite estou... de "aniversario".

A loucura de mañán: Según as previsións do tempo mañán vai a facer -10 grados (non é moito frío. Pero imaxinádevos chegando a un enorme río, ó que non se lle ve a auga porque está cuverta de xeo (tal vez unha capa duns 50 ou 60 cm de xeo). Estás alí con un montón de xente, todo está cheo de neve por todas partes. Entón alguén fai un buraco no xeo (non sei como, ainda teño que averigualo), e ti vas a unha casetiña alí ó lado, quítaste a roupa, quédaste so coas chanclas e os calzoncillos, saes da caseta, vas andando pola neve (en calzoncillos e coas chanclas) cara o buraco no xeo, asómaste pra ver si a auga do río está moi abaixo, quítaste as chanclas, metes un pouco un pe pra ver si está moi fría, e logo saltas dentro.

¿É dificil de imaxinar? Pois xa vos contarei mañán si é dificil de facer ou non. Según me dixeron é algo moi saludable, a xente maior en Finlandia faino moito porque é moi bo pra os osos, tamén me dixeron que despois de sair e secarte e cambiarte que te sintes xenial, e que o efecto che dura catro ou 5 días. Eu, xa me supoñía que sair da auga, secarse e vestirse tiña que ser bastante placentero; pois claro que sí, e cando paras de darte martillazos nos dedos dos pes tamén debes de sentir un alivio da ostia creo eu. So espero que ese "efecto" que din que dura 4 ou 5 días non sexa: "non poder entrar en calor".

Cerebro en folga: Hoxe dende as 8:30 da mañán ata as 3 da tarde o meu cerebro tivo 45 minutos pra descansar mentres comía. O resto do tempo estivo absorvendo información como unha esponxa. Pero a todo trapo!! a toda caña!! Cada 10 minutos quedábame coa boca aberta coas cousas que estaba aprendendo a facer. O malo é que despois de 20 ou 40 cousas, xa non te lembras das primeiras. Cando eran as 3 da tarde o profesor estaba explicando tantas cousas novas todas de seguido que o meu cerebro empezou a pitar, e empezáronseme a encender luceciñas vermellas por todos lados. Xa non podía mais, na miña cabeza non había sitio pra nada mais, eran demasiadas cousas pra un so día, e como a maioría dos meus compañeiros estaban na mesma situación o profesor suspendeu a clase ata mañá. Agora non estou seguro de lembrarme de todo o que utilicei hoxe, non estou seguro de ser capaz de volver a facelo, pero creo que a soltura pilleina igual.

¿Que que é o que estou aprendendo? Pois simplemente (ou non tan simplemente) Photoshop CS2. Ás veces tes a certeza de que xa non se pode inventar nada mais que se poda facer con unha foto, ningún tipo de filtro mais, ningúnha ferramenta mais, ningunha técnica mais pra xogar coas máscaras ou as capas, ou as canles... pero sempre está ahí o profesor pra demostrarte o equivocado que estas. É incrible, non hai nada que non se poida facer, asegúrovolo.

Bueno, e isto é todo por hoxe. Non poño fotos porque non teño moita cousa nova. Vou a todos lados coa miña cámara, non me separo dela, pero non teño moito tempo pra pararme a sacar fotos. Mañán seguramente poreivos fotos do meu anoréxico corpo pálido xa de por sí, pero neste caso azul polo frío da auga conxelada. Xa veremos como vai iso. Ata mañá a todos.

Escrito por Watcher o 2006-02-17 ás 00:57
Comentarios: 0 Deixa o teu comentario


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://watcher.bloxus.com//trackbacks/8077

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.60 (5d9a038363)
Comentario

.:: Watcher © 2006 - Todo-los dereitos reservados ::.

Bloxus