Eu vou tirando.

O que queira que recolla.
Inicio > Historias > Hyvää ystavan paivä!!
Hyvää ystavan paivä!!
Estado: moi moi moi cansado e moi moi moi famento.
Significado do título: Hyvää significa ben, ou bo. Soa algo así como jiuvaa. ystavan significa amigo, e léese iustavan (pero a "i" apenas soa). E paivä significa día e léese igual que se escribe (olvidádevos ddo diérisis na "a"). E todo xunto significa: "Bo dia de San Valentín!!".


San Valentín: Finlandia é un pais no que o catolicismo estivo prohibido durante moitísimos anos (moitísimos séculos non porque non ten moitos séculos de historia), así que supoño que por eso non teñen día de San Valentín. Bueno, ter sí que o teñen, pero non lle cháman así, sinon: ystavan paivä que literalmente significa o día dos amigos (supoño que se referirán a esos con dereito a roce).

O que fixen hoxe: Dende as 8 da mañán estiven correndo pola escola de acá para alá, entre as clases de Photoshop que me están emocionando e non quero perderme nada, e a mesa do mercadillo internacional donde atendía á xente que me facía preguntas sobre Vigo e a universidade, ou España.

A maioría das preguntas que me fixeron foron sobre si había algunha facultade sobre música ou danza na universidade de Vigo; porque no instituto hai moita xente facendo música e danza, e logo estiven mais de media hora diante do proxector falándolle a uns 10 ou 15 rapaces fineses, contestándolles preguntas como: ¿Que tal é a movida por Vigo? ¿Como fan pra topar aloxamento? ¿Que tal é o clima?... e cousas parecidas.

As clases de Photoshop estanme gustando moito, o profesor vai a toda caña e iso encántame. En media hora alí aprendes un montón de cousas; non podes pararte a respirar porque te quedas atrás. Pero dame rabia porque eu non puiden estar alí todo o tempo e ademais teño a sensación de que si agora non chego a casa e repito e practico as cousas que aprendín que se me van a esquecer.

Free Image Hosting at www.ImageShack.us
Como está Oulu estos días: leva moitos días sin nevar e as temperaturas están sobre -7 (bastante agradable, dan ganas de irse a facer excursións por ahi). Non neva pero as árbores están todas brancas, brancas, porque o rocío condénsase en cada ramiña, en cada folliña... e converte un arbusto calquera nunha das cousas mais bonitas que vistes na vida.

Aparte de esta foto que quitei onte, non estou quitando moitas fotos (nin grabando videos) estos días. Non teño moito tempo.
Bueno, a ver si mañán os conto mais cousas. Un saudo a todos!

Escrito por Watcher o 2006-02-14 ás 20:31
Comentarios: 1 Deixa o teu comentario


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://watcher.bloxus.com//trackbacks/8068

Comentarios

1
De: Marco Fecha: 2006-03-17 18:46

Menuda cara de frío!!!



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.60 (5d9a038363)
Comentario

.:: Watcher © 2006 - Todo-los dereitos reservados ::.

Bloxus