Eu vou tirando.

O que queira que recolla.

Reflexos de inseguridade
Estado: animado, contento, con estabilidade, con enerxía, inda que non estou estudiando todo o que debería.
A qué dedica el tiempo libreeeee :
  • Escribir no meu weblog (inda que non o fago moito). Vai por rachas.
  • Organizar unha cea pra o día 5 de Decembro con alguns amigos da escola.
  • Duas horas de ximnasio tres veces á semana.
  • Vida social: charlar casi sin parar de todo un pouco cos amigos (como si fora un pensionista)
¿que faría con 180 millóns de euros?: facendo contas dame sobre 1000 euros ao dia pro resto da miña vida, así que (neste momento) o que faría sería: mercar unha boa cámara, coller a miña mochila e largarme a viaxar polo mundo so con unha lista de sitios a donde non ir. Por outro lado, creo que a maior parte dos cartos non os metería nun banco sinon que os invertiría nalgún terreo ou inmobiliaria.


Porción do libro "La sombra del viento":
[ ... ]
-Huele raro -comentó Fermín Romero de Torres-. Como a pedo rancio, de notario o procurador.
-No. Huele a papel quemado.
-Ande, tenga un Sugus de limón, que lo cura todo.
-No me apetece.
-Pues se lo guarda, que nunca se sabe cuándo un Sugus le va a sacar a uno de un apuro.
[ ... ]


Fotos, cartas. Sombras, reflexos: pareceravos unha tontería (como todo o que escribo) pero hoxe dinme conta de unha cousa: que non son "natural" cando escribo aquí no meu weblog. Todo ven a raiz de unha carta que me escribiu onte pola noite a miña amiga Marta e que leín esta mañá.

Según ela, na última carta que eu lle mandei, demostreille algo que sempre lle parece moi curioso: "que a xente escribe igual que fala". En principio tomeino como unha especie de cumplido (inda que teño as miñas dúbidas). Logo pensei que iso non é de todo certo, que coñezo xente que cando fala se lle nota libre e moi solta e cando ten que escribir (unha carta ou o que sexa) se reprimen e se cortan. E entón tiven o que Lupe chama un "enlace" e pensei que iso parécese moito o que lle pasa a moita xente coas fotos.

Explícome: hai xente que en casi toda-las fotos sae "rara". Seguro que sabedes de que vos falo, son esas persoas que cando as ves nas fotos dis: ¿que lle pasa aquí? Que mal sale!! Ela/el non é así!!. Pois do mesmo xeito hai algunha xente que cando as lees tes a sensación de que a persoa que escribiu non é a mesma persoa coa que estás afeito a falar. Eu tiña a miña teoría (como pra casi todo) sobre a causa que xustifica ese cambio. A culpable é a falta de confianza nun mesmo.

Normalmente esta xente que sae "rara" nas fotos so sae medianamente normal cando lle fas a foto estando algo borracho (enténdese que o modelo, non o fotógrafo) ou cando lla sacas (a foto) sin que se de conta. Penso que isto se debe a que esta xente non se sinte cómoda coa sua imaxe e cando se esquece de que a cara que ten a ten as 24 horas do día pois compórtase dun xeito natural; pero en canto ve o obxetivo dunha cámara apuntándolle, lémbrase do aspecto que tiña no espello pola mañá, e pensan que de esa imaxe que lle roubarán coa cámara non volverán a ter o control.
Cando esta xente ve a alguén fixándose moito nos detalles da sua imaxen soen apartarse, ou pedirche que deixes de miralos, ou poñer algo por medio (como unha bofetada). Pero coa foto non poden facer nada! non teñen defensa! Unha vez lles sacas a foto, logo na casa podemos pasarnos horas mirándoa, facéndolle zoom e topándolle todos esos defectos que eles saben (ou pensan, ou opinan) que teñen. Ante unha cámara síntense desnudos, desprotexidos.

Pode que non o pensen así conscientemente, pero esa creo eu é mais ou menos a sua sensación (e teño esta idea porque fai tempo eu sentía algo así). E cando te sintes así, cando estás tan "acojonado" diante do obxetivo que che vai a roubar a tua imaxe, na foto nótase. Saes raro, saes tenso, saes antinatural; e todo o mundo se da conta, incluso ti mesmo, e iso non axuda a que te sintas cómodo na próxima foto.

Co tempo aprendes (ou polo menos eu aprendín) que iso "raro" que se ve na foto e a tua inseguridade, o desprecio (ou falta de aprecio) pola tua propia imaxe. É exactamente iso que di Fito na sua cancion: "sé que soy mucho más guapo cuando no me siento feo" pero á inversa: "que eres moito mais feo cando non te sintes guapo".

¿A cura? A solución é sencilla. Sencilla de explicar, non tanto de aplicar: tes que deixar de sentir esa inseguridade, tes que aceptarte, aceptar a tua imaxe, que eres ti. E eu creo que un bo método pra conseguilo é, por exemplo, deixar que che fagan centos de fotos dende centos de ángulos distintos, deixar que alguén che saque centos de fotos todo-los días (ou facerte presentador de television). Ao final non tes outra que afacerte á tua imaxe. E o que vas a conseguir non é simplemente sair mellor nas fotos (mais natural, mais ti mesmo), sinon que é algo moito moito mais importante: unha vez te aceptas (a tua imaxe) sínteste mais forte, sínteste mais lixeiro, mais despreocupado. É como si ata ese momento viviras encarcelado, atado, escondido... é como sair do armario!! (supoño).

Bueno, pois isto é sin dúbida o que Lupe chamaría un "enlace" porque todo este rollo ven de que penso que cos textos pode pasar algo parecido; so que en vez de confianza na tua imaxe é co teu xeito de expresarte. Cando unha persoa está falando, as cousas que di teñen unha vida moi volatil. O son do que acaba de dicir dura ben pouco nas memorias dos ointes, cando estás falando podes facelo cunha certa comodidade sabendo que ese son non se quedará ahí no aire pra sempre pra que todo o mundo poida escoitalo e reescoitalo unha e outra vez analizando o que dixeches e o teu xeito de dicilo.

Deste xeito tamén hai xente mais ou menos segura coa sua voz e coas cousas que di, e en xeral con todo o que fai. Hai xente que é insegura por natureza. Ou mais que "ser" inseguro, sería "estar", porque inda que hai xente que se sinte inseguro practicamente sempre, outros (eu por exemplo) pasamos por épocas de mais e menos seguridade.

E cando estás inseguro, saes raro nas fotos, cortado nos videos, calado nas grabacions de sonido e extremadamente frío nas cartas.

Eu neste momento síntome (como dixen ao principio) xenial. As endorfinas que gaño no ximnasio son como unha especie de vacina contra a inseguridade. E penso que iso a xente o nota, faga o que faga, escribir, falar, ou posar en fotos jejejeje

Por outro lado, como vos decía ao principio, penso que cando escribo no blog non son de todo natural como o podo ser cando lle escribo unha carta a un amigo. Pra min, sentarme a escribirlle unha carta a Marta é algo así como sentarme nunha cafetería a falar con ela, e síntome igual de cómodo. Por iso ela di iso de que a xente escribe exactamente igual que fala. En cambio aquí, no weblog... mais ben é como si me puxera a falar na radio, ou diante duns altavoces donde non sei quen vai a escoitarme e quen non. Vos, en principio, sodes uns descoñecidos e supoño que ningún de vos se expresa igual cando se senta cun bo amigo nunha cafetería que cando o fai cun grupo de xente que non coñece de nada.

Escrito por Watcher o 2006-11-22 ás 19:26
Comentarios: 1 Deixa o teu comentario


Psicobricolaxe
Estado: neste intre síntome xenial, onte fun a un concerto incrible en Vigo.
Palabras inventadas:
  • Psicobricolaxe
  • Peacelessfull
Ultimas veces no cine:
  • Infiltrados
  • El laberinto del Fauno
  • Hijos de los hombres
Escoitando agora: "Acabo de llegar" de Fito y los fitipaldis.


Constrúete un "eu mesmo" á medida: O outro día Katriina escribiume un mail. Dende que volvín de Oulu non volvera a saber nada dela. Contoume mais ou menos como lle iba alá, e faloume dos novos estudiantes de Otokyla, da neve que xa o cubre todo en Oulu, do frío, das noites cada vez mais e mais longas... e teño que confesalo: entroume moita morriña!
Dinme conta de que agora moitas veces evito pensar en todo aquelo pra non botalo tanto de menos. Non porque non queira "disfrutar" de esa melancolía sinon porque é incómodo non saber cando ei volver, porque da medo pensar que tal vez inda que volvese as cousas xa nunca serían iguais.

Ó día seguinte, despois de leer a carta de Katriina, iba pola mañá camiñando a coller o coche (é unha camiñata duns 5 minutos) e iba pensando. Bueno, mais que pensar iba soñando. Soñaba que un día, sin pensalo moito, collía un desos vuelos baratos e que me escapaba uns días a Oulu. Ao meu Oulu! Pra pasear outra vez polas suas ruas, pra sentir o seu dulce aire frío... pero algo non cadraba naquel soño!! Non podía ir camiñando; porque non teño ningún recordo de ir camiñando por Oulu, si volvera hoxe a Oulu e me puxera a camiñar o primeiro polo que non sería o mesmo sería polo feito de ir camiñando. Necesitaba unha bici no meu soño; seguramente alguén me deixaría algunha cando chegara alí... pero tampouco! iso non me valía, non sería o mesmo, eu non quería ir nunha de esas bicis malas coas rodas estreitas, imposibles de levar por riba da neve, e o certo é que tampouco quería ir nunha de esas superbicis con suspensións... Eu quería a miña bici! Necesito a miña bici! E entón, ó lembrarme da miña bici, a enerxía do meu soño medrou, dábanme ganas de que o coche estivera mais lonxe pra ter mais tempo pra seguir soñando con ela, sentín ganas de facelo realidade.
Agora imaxinábame en Oulu, os primeiros días, buscando a miña bici por todas partes, por todo Oulu, preguntándolle ó señor da tenda donde a vendín, buscandoa por todos lados, e cando a topaba aparcada nunha esquina, agardaba durante horas refuxiado nalgunha tenda a que volvese o seu dono actual. E despois de pagarlle o que me pedise por ela, entón sí, iríame a recorrer cada unha das ruas e parques da cidade! Iría ao mercado, a Onnela, á universidade, arriba no norte, a Otokyla, ao instituto, á praia... pedaleando baixo a neve, sobre a neve, no medio da neve!! e sempre sentindo ese vento xélido nas miñas meixelas que che obriga a sentirte vivo.
O meu corpo estaba en Portonovo, camiñando cara a garaxe pra coller o coche, e ninguén dos que se cruzaban no meu camiño podían nin sequera imaxinar o feliz que me sentía so por soñar con estar sobre unha bici pedaleando sobre a neve de Oulu.
Por suposto, esta vez non a iba a deixar alí (a miña bici) traeríaa de volta comigo. Pero claro, non podía traela nun avion (sobretodo nun de esos vuelos baratos, e non me iba a gastar unha millonada nun vuelo caro donde me deixaran levar a bici) así que decidía volver en tren, en facer parte da viaxe en tren e parte en bici (porque levaría moi pouca roupa nunha mochila, so iría pra uns dias). E así chegaría a casa, despois de recorrerme toda europa en tren e en bici.
E despois diso, preguntábame o que pensaría a xente (si non o pensan xa): que estou tolo! que debo estar tolo de remate! En realidade o que facía era preguntarme o pensaría eu de min mesmo (mais que no que pensarían os demais) ¿cal sería a miña opinión de min mesmo despois de facer algo así?
A xente diría: ¿fixeches iso por esa bici de merda? E eu contestaría: é a miña bici, téñolle moito moito cariño, e volvería a facelo. Porque so eu sei o cariño que lle teño a esa bici, e so eu sei o moito que a boto de menos, e sei que non me costaría moito facer ese soño realidade, sei que podería facelo ¿por que non? Esa é realmente a pregunta: ¿por que non?
E entón pensei no seguinte: cada un escolle a clase de persoa que quere ser, cada un debuxa a clase de vida que quere ter, qué recordos e qué momentos quere que formen parte da sua vida. Pode que pra os demais sexa unha loucura que me gaste 300, 500 euros ou mais incluso, nunha viaxe desesperada pra buscar unha bici que vendín por 20, sobretodo si aquí, sin moverme da casa, podería conseguir unha moito mellor gastando moito menos, pero... Pero hai unha cousa da que non vos dades conta, hai unha cousa que non entendedes: si fixera iso, entón xa non sería "esta persoa", xa non sería eu. Eu quero ser a clase de persoa que vai a facer iso, irme de volta a Finlandia en busca da miña bici. Non é so unha cuestión do que son ou non son agora, é como construirme o "eu mesmo" que quero ser. É como o seguinte que queres ter debuxado nese cuadro da tua memoria que forma a tua vida.
Non chega con dicir: valé, xa eres esa clase de persoa, eres esa clase de tio (tolo de remate) que se iría a Finlandia a buscar a sua vella cutre-bici, telo claro, así que non tes por que facelo. Porque si xa o eres, e sabes que o eres... ¿necesitas realmente facelo? ¿non poderías gastar os cartos noutra cousa e seguir sendo ti? ¿e que necesitas demostrarllo á xente? ¿tanto necesitas que todos teñan claro que estás así de todo? ¿que eres asi de "rariño"?
Non! Non! Non é iso! Non o fago pra que os demais o vexades, pra que os demais o sepades e o teñades claro. Fagoo porque é un soño que teño, porque disfrutaría facendoo, porque so imaxinalo xa me fai sentir ben, porque me entusiasma a idea, porque si o fago, o que me traería a casa xa non sería so esa bici que me acompañou en Finlandia cada día sinon que sería esa bici pola que recorrín Europa de punta a punta pra recuperar; do mesmo xeito que eu tamén sería diferente, que eu sería ese tio que foi ata Finlandia pra reencontrarse coa sua bici. E iso vale moito mais que a bici en sí. Iso é algo que non podes mercar con cartos, iso é a tua vida, o que queres que sexa, o que queres ser.
É algo parecido ao que penso da infidelidade. Eu non me enrollei con ningunha tia (nin tio) mentres estiven en Finlandia, pero iso non foi por serlle fiel á miña moza, non foi unha clase de sacrificio que fixen por ela, non foi por non facerlle daño... foi por min, unicamente por min (ó final vai a ser que son un egoista por non poñerlle os cornos á miña moza). Bromas aparte, eu podería terme enrollado cada día con tres (momento fantasma), e mentres ela non se enterase... ¿entón nada cambiaría? ¿non? Pois non! Claro que cambiaría algo!! Eu cambiaría!! Eu xa non sería eu, xa non sería a clase de persoa que son, sería esa clase de tío que faría algo así, sería "ese tío". Sería o tío que quería a sua moza, que o daría todo por ela pero que se deitaba con outras. E eu tiña claro que non quería ser ese tio, por iso me comportei como a persoa que quería ser. Prefiro ser o que son agora, e síntome cómodo dentro da miña pel porque fun a clase de persoa que quero ser, e teño a clase de recordos que quería ter.

Moitas veces escoito a xente dicir cousas como: "estudia pra ser algo na vida", "si deixas de estudiar agora e te pos a traballar de albañil nunca serás mais que un albañil". Enton... ¿seguir estudiando 10 anos mais e facerte teleco garantízache que chegarás a ser algún día algo mais que un teleco? Hai un dito por ahí que di que somos o que facemos, inda que non teño moi claro que se refira a que somos no que traballamos.
Eu que me pasei todo a vida estudiando (ou facendo como que estudiaba) ¿son mais que un albañil? ¿Son eu mais ou mellor por ter estudiado mais? Eu penso que cada un é o que viviu, é o que fixo na vida. E eu sí que son algo mais que un estudiante trintañero de teleco. Eu son ese tio que se marchou a Finlandia el so, son ese pesado co que non se pode discutir porque non se vai a rendir ata convencerte, ese que te chega cada dia falandote dunha chorrada distinta, son ese tio que se bañou no medio do xeo, o que se sacou as fotos semiespido enriba da neve pra sua moza... e quero ser tamén ese tio que foi ata Finlandia a buscar a sua bicicleta.

Por iso lle chamei a este post Psicobricolaxe porque en certo sentido todos podemos escoller o que queremos ser, o que realmente queremos ser (non teleco, ou albañil, ou taxista... non en que queremos traballar), todos podemos construirnos peza a peza, a clase de persoa que queremos ser, formar con feitos os recordos que definirán o que foi a nosa vida. Cada día podemos facer esas cousas que queremos que definan o individuo que somos. Porque ninguén é so un albañil, ou so un camioneiro, ou unha caixeira do día, todos somos moito mais que iso, e somos nos os que temos que construir (facendo as cousas que queremos) o que somos.

Como sempre, lieime a escribir e escribir algo que se podería ter explicado con moitas menos palabras. Pero ese son eu ¿non? Polo menos de momento.

Bicos a todos.

Escrito por Watcher o 2006-11-21 ás 20:51
Comentarios: 0 Deixa o teu comentario


Pouco a pouco
Estado: podería dicir que fatal, que triste, pero non creo que dicir iso axudara en nada; e si dixera que estou xenial mentiría, así que pra dicir unha boa verdade direi que estou mellorando. Pouco a Pouco.
Cousas polas que recordarei sempre este verán:
  • Volver de Finlandia
  • Chorar con cada incendio
  • As miñas charlas con Marta e con Checho.
  • Buscarme e non toparme en ningures.
Cancións que me tocan:
  • "Pájaros de barro" - Manolo García.
  • "Flor de verano" - Mango
  • "Todo" - Alejandro Fernandez
  • "Princesa" - Joaquín Sabina
  • "Me voy" - Julieta Venegas
  • "Un nuevo día brillará" - Luz Casal
  • "I am a rock" - Simon and Garfunkel


O tempo pon a todos no seu lugar: Esta é unha de esas frases que se din pra taparche a boca, unha de esas frases valeiras que se din pra consolar ós resignados. Como esa que di que a todo se acostumbra un. Como todas esas frases que di Charlize Theron ó final da película Monster. Non é certo, o tempo non pon a ninguén no seu lugar, o tempo o único que fai é, si lle deixas, zarandearte dun lado pra outro, darche épocas boas e épocas malas. E ti, si queres algo deberas loitar por conseguilo. Non te quedes sentado no sofá da casa agardando a que o destino te entregue a tua parella ideal ou te coloque donde ti te mereces porque si fas iso, non merecerás mais que soidade diante do televisor pra sempre.

O amor é cego: e sordo tamén, si me apuras. Tan valeira me parece agora a frase de que o tempo pon a todos no seu lugar como chea de significado a de que o amor é cego. Eu non sei si será certo ou non. Non sei moi ben si é que cando estas namorado non ves a realidade ou é que hai cousas que so podes ver con amor nas tuas venas. Pero ¿Cal é a verdadeira realidade? Supoño que podes escoller calquera das duas. O que é indudable é que todo se ve diferente. Toda a tua vida ten outra cor, outro sentido, outra fragancia. Repasas os teus recordos e sínteste un pouco como cando ves denovo unha película que viches de pequeno e non entendiches ben. Son as mesmas pezas, pero o debuxo que aparece no puzzle e tan diferente!

¿Qué é o amor?: di Al Pacino na película de "Pactar con el Diablo" que o amor, bioquímicamente é o mesmo que un empacho de chocolate. Pode que teña razón. Recordo un día cando era pequeno, ainda mais que agora, tería uns 7 ou 8 anos, que estaba eu xogando co meu "tente" sobre a alfombra do salón da miña casa coa miña nai que estaba vendo na tele un dos primeiros culebróns que se emitiron en España. Titulábase "Cristal". Eu (por suposto) non estaba vendo o culebrón, so xogando co "tente" no chan pero nun momento alguén lle preguntou á protagonista: ¿Pero qué é o amor? E eu que sempre fun un neno moi curioso e que xa estaba farto de escoitar falar do amor e non saber que diantres era deixei de facer ruido coas pezas durante un intre pra escoitar a resposta de Cristal: Amor é dalo todo sin esperar nada a cambio. E esa foi a definición de amor que tiven dende entón.

En certo sentido sigo pensando que iso é o amor. E sigo considerando calquer sentimento que che faga actuar de ese xeito como amor. Pero se iso é certo, entón o amor non é sempre tan bonito como debería ser. Amor entón tamén é esa dependencia que sentimos por unha persoa cando non temos autoestima ningunha e necesitamos ter a alguén ó noso lado que nos diga coa sua presencia que valemos a pena. ¿esa obsesiva, posesiva, infantil e desesperada dependencia tamén é amor? Amor entón tamén é esa relación que mantés so porque che da todos os problemas que necesitas pra ter algo ou alguén a quen botarlle a culpa da tua infelicidade e esquecerte ou tapar os teus propois problemas. Amor tamén é esa relación que tes pra facilitarche a vida e poder facer a outra persoa responsable da tua felicidade ou infelicidade, cando eres ti o único responsable... empregamos o amor pra tantas cousas!! ou mellor dito, chamámoslle amor a tantas cousas diferentes! ¿Sera que confundimos todo iso con amor ou será que non hai realmente un amor libre que non responda a unha necesidade psicolóxica de tapar as nosas inseguridades ou saciar as nosas ansias? ¿Existe un amor verdadeiramente libre? Non o sei. ¿Que opinades vos? Xente enamorada defendede o romanticismo!! Eu agora non podo, agora estou algo desencantado, casi de acordo con Al Pacino... ¿o amor? un empacho de chocolate.

Escrito por Watcher o 2006-09-06 ás 23:37
Comentarios: 0 Deixa o teu comentario


Pedra a pedra
Estado: por momentos, seguro, forte, decidido, animado... outras veces deixome levar e disfruto de algún momento de tristeza, de melancolía.
Frases dos amigos no messenger:
  • Golpea el mundo lo más fuerte que puedas.
  • Are you getting the best of you?
  • Mucho se perdió entonces pero nadie vive ahora para recordarlo...


Empezar ¿de novo?: Neste momento vivo mais que nun cuarto, nun almacén de cousas do homiño que viviu aquí antes ca min. Está cheo de apuntes, libros, recordos, bolis, mecheros, velas, CD's, cables e mais cables, tornillos, fotos, postais, moedas, tornillos, caixas e mais caixas de CD's, facturas, recibos do banco... ¿quero algo de todo isto? Non o sei... non sei que cousas quero tirar, que cousas quero gardar e que cousas quero deixar no cuarto. O que sei é que necesito espacio... necesito chegar ó meu cuarto e sentir que é o meu cuarto, e que teño sitio de sobra pra deixar as cousas. Necesito o meu espacio!! Poder descalzarme ó entrar e encender algunhas veliñas, e poñer algo de música... e topar as cousas que uso todo-los días rápido.

Recollendo vellos discos de vellos grupos topeime con este poema de Neruda:

Cumpliendo con mi oficio
piedra a piedar, pluma a pluma,
pasa el invierno y deja
sitios abandonados
habitaciones muertas:
yo trabajo y trabajo,
debo substituir
tantos olvidos,
llenar de pan las tinieblas,
fundar otra vez la esperanza.

Pablo Neruda

Supoño que cando o necesitas tópaslle sentido a calquera cousa ambigua que che digan. Seguro que si me decides unha docena de palabras ó azar termino decíndovos: exacto, así é exactamente como me sinto.

Escrito por Watcher o 2006-07-04 ás 17:49
Comentarios: 1 Deixa o teu comentario


Adeus Oulu, adeus...
Estado: realmente triste, ou tal vez so melancólico.


Adeus: Fai un día preciso, incrible. Faise moi duro marchar. E a miña bici mírame raro, eu creo que sabe que dentro de unhas horas a vou a vender por so 25 euros. Pensei centos de veces no xeito de non vendela, de levala comigo. Agora síntoa como parte de min, non hubo noite nin día, chovera ou nevara, con frío ou con calor, borracho ou sobrio, que non me movera por Oulu coa miña bici. Vouna a botar moitísimo, moitísimo de menos. Pode que algunha xente se sinta insultada ou escandalizada por dicir que podo botar tanto de menos ese simple montón de ferralla. Iso é o que sinto, e cando lle estaba quitando ó candado ó sair do instituto caéronme as primeiras bágoas dende fai meses. Chamádeme tolo, pero falei con ela, e díxenlle que eu non podia facer nada, que o único que podíamos facer era tentar disfrutar de esta última volta xuntos (agora ríome porque penso en como sería entón si me chego a namorar aquí dalgunha rapaza). Logo, polo camiño, viñeronme estos versos á boca e outra vez perdín unhas cantas bágoas:

Adeus, ríos; adeus, fontes;
adeus, regatos pequenos;
adeus, vista dos meus ollos;
non sei cándo nos veremos.

Miña terra, miña terra,
terra onde me eu criei,
hortiñas que quero tanto,
figueiriñas que plantei,

prados, ríos, arboredas,
piñeirais que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño das castiñeiras,
noites claras de luar,
campaíñas timbradoras
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que lle daba ó amor meu,
camiñiños entre o millo,
adeus, para sempre adeus!

¡Adeus, gloria!¡Adeus contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que coñezo
por un mundo que non vim!

Rosalía de Castro

Escrito por Watcher o 2006-06-29 ás 13:08
Comentarios: 1 Deixa o teu comentario


Derradeiras 24 horas en Finlandia
Estado: non son capaz de darme conta do meu estado, pásanme demasiadas cousas en moi pouco tempo, demasiados sentimentos, demasiadas experiencias... todo o mundo marcha e eu con eles.


Derradeiras horas: a long time ago.... fai moito moito tempo, unha persoa moi parecida a min, escribiu neste mesmo weblog o seu último post que tiña por título "Ultimas 24 horas en Finlandia" contando as suas peripecias, correndo e brincando coa sua bici polo norte de Finlandia. Hoxe pola mañán estiven leendo aquel texto e paréceme que foi fai siglos.

Agora quédanme exactamente 24 horas pra marchar, pra deixar este sitio que calquera de vos diría que é un sitio "cutre" pra vivir, pero que pra min é xa a miña segunda casa. Non podo e non pretendo contarvos agora que cousas me pasaron nestes tres meses... podería tentar enumeralas, falarvos do traballo na escola, do proxecto, das festas, da viaxe a Rusia, da fin de semana en Pyhatunturi (en laponia), do video que fixen sobre Oulu, do que disfrutei dirixindo, filmando, montando un corto... das miles de cousas que aprendín de video, de PHP, de MySQL, de Java Mobile, de Inglés, de Finés, da nova xente que coñecín, da xente que se foi... pero creo que inda que agora vos contara cada un dos detalliños de cada un dos días do que foi a miña vida aquí, non seríades capaces de xuntalos e sacar de ahí o que realmente ocorreu. Porque ocorreu algo. Sintoo dentro de min. O mundo cheira distinto jajajaja

E agora é cando veñen as frases místicas como esa de: "non se pode explicar o que é, hai que vivilo". Sei que esa frase é como non dicir nada, pero é que é certo. Por moitos días que me pase aquí sentado describíndovos, non ides nin sequera a imaxinar qué é iso que te contamina a alma e fai de ti unha persona diferente. Pode que pra vos todo este tempo foran so seis meses mais das vosas vidas, pra min foi unha segunda vida enteira. É que o tempo non se debería medir en segundos, debería medirse en experiencias, en leccións, en retos, en sorpresas, en problemas superados...
Moitas veces aquí tiven a sensación de que a miña vida en Galicia é como un soño moi lonxano. Estes días falando coa xente da miña "familia de Otokyla" sobre as sensacións, os sentimentos cando ves que se achega a hora de volver, tentaba recordar como foron os meus primeiros días aquí, e aquel rapaz que se baixou do coche e que se quedou atontado mirando un manillar xurdindo do medio da neve, paréceme agora tan diferente do que son neste momento! Non sei si vos veredes algunha diferencia cando me vexades ou non. Tal vez so que estou moito mais delgado (sí, ainda mais). Non importa, a diferencia nótoa eu.

Eu, si queredes que sexa sincero, penso que isto foi sin ningunha dúbida o mellor que me pasou na vida. Cambiouma. Cambiou a miña forma de camiñar, de pensar, de sorrir, de querer, de levantarme pola mañá... e é agora, despois de ter estado aquí, cando me dou conta do moito que realmente necesitaba isto. Non so por teleco, é certo que conseguín algúns créditos pra escola, e pra min terminar canto antes esta carreira (que EU fixen que sexa así de longa), é agora o principal. Pero tal vez era ainda mais importante decatarse primeiro de que si foi así de longa foi porque eu quixen facela así de longa, e de que nunca a iba a terminar porque eu non quería terminala, era importante decatarse diso e entender o porque.

Non foi a viaxe a Rusia, nin as festas en Onnela, nin deixar de compartir piso con Gavin e vivir so, nin o traballo na escola, nin o frío, nin o calor, nin os mosquitos... poderíavos ter contado todas esas cousas neste blog (perdoádeme por non facelo intentarei explicarvos porque logo) pero inda así non veríades donde... non saberíades en qué momento me decatei de que levo toda a miña vida escapando de min mesmo, da miña propia vida, nin tampouco saberíades cando me decatei de que sempre usei os problemas coa miña moza pra tapar os meus, pra non ter que pensar nos problemas que tiña eu comigo mesmo. Non é xusto facerlle iso a ninguén e eu non me din conta ata agora.

Non sei, tampouco quero poñerme demasiado místico e falar de cambios que tal vez non van a ir a ningún lado, que tal vez se perdan na miña memoria en canto aterrice o avion en Vigo mañá. Chégame con que sepades o principal, sobre como estou, sobre como me sinto... si me preguntades por como estou agora, neste momento, tería que decirvos que emocionado e triste, por ver marchar á xente que quero tanto, por marchar eu deste lugar embruxado, polo vértigo dos minutos que se van voando, por non saber qué vai a pasar mañán ou a semana que ven, non poder imaxinar como me vou a sentir ó volver a casa, por volver ó que xa non sei si poderei seguir chamando a miña "vida normal". ¿Seguirá sendo normal aquela vida vista con estes novos ollos? En definitiva, sentindo algo de medo; pero supoño que é normal sentilo cando se acerca un cambio drástico na tua vida e non sabes o que hai do outro lado. Inda así, afronto o momento con decisión, como debe de ser, coa confianza e a seguridade de que vou a estar ben, e que o peor que me pode pasar é que aprenda algo novo. Estou desexando chegar, desfacer a maleta, asentarme e poñerme a traballar.

Si me preguntades por como me sinto despois de todo este tempo... o mellor xeito que topo pra explicalo e decir que cando penso no Fran que chegou aquí vexo un neno, unha persoa que non quixo seguir camiñando pra adiante despois dos 23 anos. E non é que agora me sinta xa un adulto, nin unha persoa de 29, pero sí un rapaz de 23 anos e medio, que leva 6 meses camiñando cara adiante de novo, despois de moito tempo, e o mais importante, que non quere volver a deterse. Así é como me sinto.

Sígo ríndome igual, e sigo saindo de marcha, e falando sin parar cando estou contento. E fancendo bromas sobre os dobles sentidos das palabras, e disfrutando cos ordenadores e a programación, e a fotografía (ainda mais que antes)... do cine e da astronomía non me lembro porque nos últimos meses so vin duas películas e cero estrelas (aquí agora é sempre día). Non son outra persoa, sigo sendo Fran, a única diferencia é que non tiven mais collóns que aprender un par de cousas.

Bueno, e xa vou terminando. Iba a prometervos poñer fotos sobre Lapland, sobre Otokyla, sobre o diferente que é Oulu no verán do inverno, sobre Moscú, San Petersburgo... pero prefiro non prometer nada. ¿Quén sabe cando volverei a escribir neste lugar? Tal vez mañá, tal vez nunca.

Unha aperta a todos, todos.

Escrito por Watcher o 2006-06-29 ás 07:16
Comentarios: 1 Deixa o teu comentario


.:: Watcher © 2006 - Todo-los dereitos reservados ::.

Bloxus